Cando é a carreira?
A carreira celebrarase o domingo 17 de marzo de 2019 ás 11:30 horas (carreira absoluta). As carreiras de categorías inferiores empezan ás 13:00 horas da mañá. A carreira de patíns terá lugar ás 10:00 horas.
Que inclúe a incrición?
  • Dorsal, imperdibles e chip
  • Bolsa do corredor con promocións
  • Camiseta técnica
  • Gardarroupa
  • Avituallamento no km. 5
  • Medalla
  • Duchas
  • Seguro
  • Servicios sanitarios
Prazo e custo da inscrición
O prazo de inscrición estará aberto desde o día 24 de xaneiro ata o 12 de marzo de 2019, sen posibilidade de inscrición fóra deste prazo.

As inscricións realizaranse na páxina web www.championchipnorte.com, facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición. Esta inscrición non será válida ata que se finalice o proceso de pago.

A cota de inscrición será a mesma para a carreira de 5 km e 10 km. Para os propietarios de chip amarelo será de 8 €, ao que se engadirá 1 € polo aluguer do chip, en caso de non ser propietario de chip amarelo, ata o día 5 de marzo de 2019, inclusive.

A partir desa data, a cota de inscrición será de 10 € para os propietarios de chip amarelo, ao que se engadirá 1 € polo aluguer do chip, en caso de non ser propietario de chip amarelo.

Unha vez realizada a inscrición, non se devolverá a súa importe.

Como me inscribo?
A inscrición na proba lévase a cabo a través da web www.championchipnorte.com.
Onde e cando recollo o dorsal?
A recollida de dorsais, chips e bolsa do corredor será o sábado 16 de marzo de 16:00 a 20:00 horas en Deportes González, sito na Avenida de Sanguiñeda, 149 – 36419 Mos (Pontevedra) e o domingo 17 de marzo de 9:00 a 11:00 na carpa habilitada ao lado do Centro Cultural Municipal de O Porriño situado na rúa Domingo Bueno, 9, ao lado da saída/meta.. Para esta recollida será necesario presentar o DNI ou pasaporte.
Onde poido aparcar cerca da saída?
Tes un amplo aparcamento na zona do pavillón de O Porriño (ver localización).
Onde está a saída?
A saída e meta terá lugar na rúa Domingo Bueno, 9 de O Porriño, Pontevedra. Podes consultar a localización neste mapa.
A que hora é a saída?
A carreira empeza ás 11:30 horas (carreira absoluta). As carreiras de categorías inferiores empezan ás 13:00 horas da mañá. A carreira de patíns terá lugar ás 10:00 horas.
Hai asistencia sanitaria?
O día da carreira haberá un servizo médico e ambulancia a disposición dos corredores na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma. Calquera corredor con problemas médicos, como alerxias, etc., debe facelo constar no reverso do dorsal.
Hai duchas?
As duchas estarán dispoñibles no Pavillón Municipal de O Porriño. Podes consultar a localización neste mapa.